17-18 outubro 2026
IX Xornadas de Educación Ecosocial
Da aula ao territorio: Educación e xustiza ecosocial
Os días 17 e 18 de outubro, Fuhem e Alalá S. Coop Galega, no marco de Vínculo Ecosocial, organizan as IX Xornadas de Educación Ecosocial, por primeira vez na Galiza, concretamente na vila de Tomiño (Pontevedra), a unha ponte do norte de Portugal.
Este ano, propoñemos unhas xornadas baixo o lema «Da aula ao territorio: educación e xustiza ecosocial», para compartir o que ocorre cando a aula se abre ao territorio: cando abordamos os retos relacionados coa propia terra, os ríos, os coidados, o coñecemento local, as redes e as persoas que habitan un lugar.
Aprenderemos das experiencias educativas do profesorado local e compartiremos coñecementos, preocupacións e as diversas formas de abordar os retos ambientais e sociais que nos afectan. Teremos obradoiros prácticos, presentacións inspiradoras, regueifa, comida local para repoñer enerxías e unha fermosa peza teatral sobre a nosa terra para concluír o evento. FUHEM e ALALÁ COOP emitirán un certificado de participación para as actividades do sábado.
O domingo 18 de outubro, temos programado unha ruta de sendeirismo dentro do Parque Natural do Monte Aloia, que nos levará por un sendeiro a través dun souto de árbores autóctonas e pasando por muíños de auga.
Convidámosvos a formar parte destas IX xornadas, para seguir construíndo pontes entre a aula e a terra, e entre a educación e o coidado da vida.
Descrición da xornada
Sábado 17 de octubre
10:00 a 10:30 | Benvida con café de comercio xusto.
10:30 a 11:00 | Presentación do Proxecto Ríos, por ADEGA.
11:00 a 12:00 | Defensa da terra poñendo o corpo: leccións conectadas Galiza-Honduras, proxecto Mulleres Bravas de Amigas da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
12:00 a 13:15 | Mesa de ideas con experiencias de centros educativos locais que defenden o territorio e os coidados desde as aulas.
13:15 a 13:30 | Descanso.
13:30 a 14:30 | Obradoiro de Horta Escolar.
14:30 a 15:45 | Xantar elaborado por “O fogón do mercado”.
15:45 a 16:00 | Presentación do Selo de Educación Ecosocial por parte de FUHEM.
16:00 a 17:30 | Obradoiro sobre o desenvolvemento de situacións de aprendizaxe ecosocial para diferentes etapas educativas. Facilitado por Alalá Coop e FUHEM.
17:30 a 18:00| Conclusións da xornada.
18:00 a 19:00 | Peza teatral para inspirar o amor e o coidado da identidade galega, pola actriz, titiriteira e xoglaresa Alba de Vales.
Domingo 18 de octubre
Lugar
Antiga Escola Indiana “A Unión del Porvenir”, Tomiño.
Tabordela, 12, 36739, Pontevedra, España.
Máis información e inscricións:
Inscrición
A inscrición nas xornadas é gratuíta. Só tes que cubrir o formulario de inscrición.
Aloxamento
Propoñémosvos varios aloxamentos económicos e céntricos en Tui. Recomendámosvos reservar con antelación, xa que o Camiño de Santiago pasa por alí e é unha vila concorrida.
Comida
A inscrición inclúe o xantar gratuíto do sábado 17. Se non te quedas a xantar, avísanos enviando un correo electrónico a alalacoop@gmail.com. Tamén incluímos algúns lugares riquiños para xantar/cear en Tui.
Transporte
As conexións de transporte público son limitadas (horarios liña A Garda-Vigo), polo que facilitaremos o uso compartido de coches entre os asistentes.
Aínda así, precisamos organizarmos con antelación para facilitar os desprazamentos de todas as participantes. En xeral, e sobre todo se vés de fóra de Galicia, recomendámosche chegar o venres e volver o domingo. Ademais de permitirnos gozar da experiencia a un ritmo máis relaxado e compartir espazos informais, esta opción facilita as viaxes e as conexións en transporte público. Se é o teu caso, escríbenos a alalacoop@gmail.com
17-18 octubre 2026
IX Jornadas de Educación Ecosocial
Del aula al territorio: Educación y justicia ecosocial
El próximo 17 y 18 de octubre Fuhem y Alalá S. Coop Galega en el marco de Vínculo Ecosocial, organizan las IX Jornadas de Educación Ecosocial, por primera vez en Galicia, concretamente en la localidad de Tomiño (Pontevedra), a un puente de distancia del Norte de Portugal.
En esta ocasión proponemos una jornada bajo el lema «Del aula al territorio: educación y justicia ecosocial», para compartir lo que ocurre cuando el aula se abre al territorio: cuando se abordan los retos relacionados a la propia tierra, los ríos, los cuidados, los saberes locales, las redes y las personas que habitan un lugar.
Aprenderemos de experiencias educativas de profesorado local y compartiremos saberes, inquietudes y las diversas maneras de abordar los retos ambientales y sociales que nos atraviesan. Contaremos con talleres prácticos, ponencias inspiradoras, regueifa, comida local para reponer fuerzas y una hermosa pieza teatral sobre nuestra tierra para despedirnos.
Se emitirá diploma de participación en la jornada del sábado por parte de FUHEM y Alalá Coop.
El domingo 18 de octubre, tenemos prevista una ruta, dentro del parque natural Monte Aloia, que nos hará adentrarnos en una senda de mucha arboleda autóctona y molinos de agua.
Te invitamos a sumarte a estas IX jornadas, para seguir construyendo puentes entre el aula y el territorio, y entre la educación y el cuidado de la vida.
Programa
Sábado 17 de octubre
10:00 a 10:30 | Bienvenida con café de comercio justo.
10:30 a 11:00 | Presentación del Proyecto Ríos, por ADEGA.
11:00 a 12:00 | Defensa de la tierra poniendo el cuerpo: lecciones conectadas Galicia-Honduras, proyecto Mulleres Bravas de Amigas da Terra y Enxeñería Sen Fronteiras Galicia).
12:00 a 13:15 | Mesa de ideas con experiencias de centros educativos locales que defienden el territorio y los cuidados desde las aulas.
13:15 a 13:30 | Descanso.
13:30 a 14:30 | Taller de Huerta Escolar.
14:30 a 15:45 | Comida elaborada por “O fogón do mercado”.
15:45 a 16:00 | Presentación del Sello de Educación Ecosocial por FUHEM.
16:00 a 17:30 | Taller sobre elaboración de situaciones de aprendizaje con visión ecosocial, por etapas educativas. Dinamizado por Alalá Coop y FUHEM.
17:30 a 18:00| Conclusiones de la jornada.
18:00 a 19:00 | Obra de teatro para inspirar el amor y cuidado a la identidad gallega, por la actriz, titiritera y juglaresa Alba de Vales.
Domingo 18 de octubre
El domingo por la mañana (10-13h) daremos un paseo por el Parque Natural Monte Aloia para cerrar las jornadas y poner el cuerpo en contacto con el territorio antes de volver a casa. Punto de inicio: AQUÍ
Lugar
Antigua Escuela Indiana “A Unión del Porvenir”, Tomiño.
Lugar Tabordela, 12, 36739, Pontevedra.
Más información e inscripciones
Inscripción
La inscripción a las jornadas es gratuita. Solo tienes que rellenar el formulario de inscripción.
Alojamiento
Os proponemos diferentes alojamientos en Tui, asequibles y céntricos. Recomendamos reservar con antelación, ya que pasa el Camino de Santiago y es un municipio concurrido.
Comida:
La inscripción incluye la comida del sábado 17 de manera gratuita. Si finalmente no te quedas a comer, avísanos escribiéndonos a alalacoop@gmail.com
estamos ultimando la reserva de la comida, así que, si hay algún cambio en la opción que marcaste en el formulario, agradecemos que nos lo comuniques lo antes posible.
Transporte:
Las conexiones en transporte público son limitadas (horarios línea A Guarda-Vigo), por lo que facilitaremos la posibilidad de compartir vehículo entre personas que asistáis a las jornadas.
Aún así, necesitamos organizarnos con antelación para facilitar los desplazamientos de todas las personas participantes. En general, y especialmente se vienes de fuera de Galicia, os recomendamos llegar el viernes y volver el domingo. Además de permitirnos disfrutar de la experiencia con más calma y compartir también los espacios informales, es la opción que más facilita los desplazamientos y las conexiones con el transporte público. Si este es tu caso, escríbenos a alalacoop@gmail.com
Organizan



Colabora



